O FIRRETE VOA A BARCELONA PARA PARTICIPAR NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XOVENES PROMESAS
4 e 5 de setembro de 2010
Trinta e sete padexeiros da categoría cadete e infantil parten este venres de Alvedro con rumbo a Barcelona (Castelldefels) para afrontar a terceira e última regata da liga Nacional de Novas Promesas.
A regata celébrase o sábado e domingo en xornada de mañá e tarde, polo que os eumeses non teñen previsto o seu regreso ata o martes pola mañá, o luns aproveitarano para coñecer a Cidade Condal.
O club eumés agradece a colaboración do Concello de Pontedeume que, do mesmo xeito que con outras entidades deportivas locais, asinou recentemente un convenio de colaboración para o financiamiento das súas actividades.