25 de febreiro de 2008
O C. N. Firrete asistiu o 24 de febreiro ao Campionato Galego de inverno de pista 2008, celebrado no encoro de Castrelo do Miño (Ribadavia), cunha participación de once padexeiros nas categorías de cadetes, xuvenís, e séniors. A xornada comezou ás 10 da mañá coa regata das mulleres e canoístas cadetes na que participaron Andrea Pérez e Olalla García en mulleres, acadando os postos 10º e 15º respectivamente, unhas posicións máis que aceptábeis tendo en conta que son padexeiros de primeiro ano. En canoa participou Pablo García que, malia ter una gran melloría, non puido estar ao nivel dos padexeiros de segundo ano que se adestran no Centro Galego de Tecnificación. Na categoría canoa xuvenil participaron Miguel Soro que acadou un meritorio 4º posto, xa que competía con padexeiros concentrados co Equipo Nacional, mostrándose como una firme alternativa para vindeiras citas. En kaiak xuvenil participou Antonio Rey obtendo o 13º lugar, nunha regata na que demostrou a súa fortaleza en regatas de longa distancia. Bo papel do equipo sénior nunha categoría que atesoura un gran nivel no piragüismo galego con padexeiros como Jovino Gonzalez, Teresa Portela, David Mascato ou Tono Campos vencedores nas súas respectivas categorías. Pola súa parte o padexeiro do Firrete Laura Rodríguez que acadou a 3ª posición mantendo o gran nivel dos anos anteriores. Rebeca Vázquez e Sandra Villar foron 6ª e 7ª respectivamente, o que aventura uns bos resultados para as probas en barcos de equipo. En canoa Yeray Picallo foi 12º e Enrique Salvadores 20º nunha regata con gran participación, con varios padexeiros medallistas en campionatos mundiais. En kaiak, Antonio Oliveira non puido estar cos mellores nunha regata dominada polos padexeiros do Kaiak Tudense. A clasificación por clubs foi dominada polo club Kaiak Tudense seguido de ‘As Torres? e o Breogán. O Firrete foi 7º metido nun grupo de seguidores dos tres grandes. A seguinte cita é o Campionato de España de Inverno en Sevilla o vindeiro 8 e 9 de marzo, campionato no que os padexeiros do Firrete tentaran manter o bo nivel acadado no autonómico
|





