24 de marzo de 2009 O C.N. FIRRETE OCUPOU A 16º POSICIÓN NUNHA CLASIFICACIÓN POR CLUBS MOI APERTADA ![]() Dos 12 padexeiros que o C.N. Firrete desprazou ata Sevilla, solo 6 puideron entrar en control, ao ter diferentes contratempos nunha regata moi esixente cun grande numero de participantes de primeiro nivel. Mirella Loures conseguiu a segunda posición en muller canoa cadete, conseguindo así o subcampionato na estrea da categoría en cadetes. Brais Casás e Pablo García foron 5º e 8º respectivamente en canoa cadete. Olalla García ocupo le 36º posición o kaiak cadete e Antonio Rey 29º en kaiak xuvenil. Yeray Picallo, que acudía a esta cita con grandes expectativas despois de subir ao podio nas citas anteriores, só puido ser 24º tras ter problemas na saída. As próximas citas serán en Portonovo o 4 de abril na modalidade de k2 e c2, e a nivel nacional a Copa 1000 que se disputará en Trasona o 18 e 19 de abril. |






