Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

20 de septiembre de 2008
Un envorco impide ao padexeiro eumés do C.N Firrete, Miguel Soro, loitar polas medallas no Campionato do Mundo de maratón

Miguel Soro

Miguel Soro, participou o pasado sábado (20-09-08) en Vin Nad Vltavou (República Checa) no Campionato do Mundo de Maratón.

Miguel Soro sufriu un envorco na primeira volta do campionato mundial ao ser embestido polo francés Lle Corner, cando ía no grupo de cabeza da proba, a ausencia de lanchas de rescate fixo que Miguel tivese que nadar cara á beira para baleirar a súa canoa e montarse nela. Esta circunstancia fíxoo retroceder ata a última posición, perdendo unha boa cantidade de minutos.

Miguel quixo continuar e mostrou que tiña un gran ritmo de competición adiantando posicións durante todo o percorrido.

Ao final só puido ser décimo e declarou sentirse moi triste polo envorco, “porque tiña boas sensacións, de feito o francés me embistió por detrás cando estaba a piques de descolgalo, e ao final o acabou segundo”.

O podio foi para 1ºJan Lunacek(Rep. Checa), 2º Mathieu Lle Corner(Francia ) e 3º Timot Takacs ( Hungría).

 

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.