Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

21 de febreiro de 2008
O club náutico Firrete protagonista na Gala do Piragüismo Galego

O Firrete foi protagonista na Gala Anual do Piragüismo que se celebrou o pasado 19 de xaneiro no Hotel Eurostars Auriense de Orense

O Firrete foi protagonista na Gala Anual do Piragüismo que se celebrou o pasado 19 de xaneiro no Hotel Eurostars Auriense de Orense a partir das 21:30H.

A Gala  premiou os máis destacados deste deporte no ano 2007 e o Firrete foi triplemente galardoado neste acto:

En primer lugar recibiu o premio ao Club Revelación, galardón que premiou o mágnifico traballo realizado que levou ó club de novo ó máis alto dos podios autonómicos e nacionais.
 Hai que clarexar que a pesares do nome do galardón, o Firrete é un dos  clubes máis antigos da Comunidade , só superado polo Naval de Pontevedra e o Fluvial de Lugo, o premio ven significar o rexurdir dos resultados de anteriores épocas.

O Firrete recibiu tamén unha Copa  como 2º clasificado no Gran Premio de Promoción, unha presea importante que houbo que pelexar ante máis de cincuenta clubes e na que nos mantivemos en apretada loita ata o final pola primeira posición. Un gran traballo de canteira que nos asegura un futuro prometedor.

Ademáis,  o Director Técnico do Firrete, Oscar Calvo, recibíu o premio a Mellor Adestrador da Tempada, un merecido recoñecimento o traballo que leva desempeñando nos últimos anos nos que semella haber atopado o camiño do éxito e haber formado un equipo de traballo sólido e competitivo.

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.