Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

20 de abril de 2009
YERAY PICALLO 3º NA REGATA NACIONAL DE 1000 M

- MIRELLA LOURÉS E CRISTINA VÁZQUEZ, 2ª E 3ª EN C-1 MULLER CADETE, O C-2 CADETE DE BRAIS CASÁS E JUAN CARLOS VARELA 3º.
- EXCELENTE ACTUACIÓN DO FIRRETE QUE REMATOU 4º POR CLUBS NA REGATA NACIONAL DE 1000 M QUE SE DISPUTOU A PASADA FIN DE SEMANA EN TRASONA CON MÁIS DE 85 CLUBS DE TODA ESPAÑA.

Yeray Picallo, terceiro no podium

Yeray Picallo completou unha excelente competición na proba de c-1 Senior logrando a 3ª posición, sendo superado por Jose Luis Bouza del Kayak Tudense e polo Campión Olímpico David Cal. A medalla ten un gran mérito tendo en conta que nesta proba celebrada en Trasona ( Avilés), estaban os mellores especialistas de todo o panorama nacional.

Yeray mostrou un grande estado de forma e este resultado avala a súa preparación para loitar por unha praza para o próximo Campionato do Mundo que se celebrará en Darmouth ( Canada ) en agosto.

Na mesma proba Miguel Soro tamén competiu a un gran nivel e rematou 2º na final B, un moi bo resultado tendo en conta que é o seu
primeiro ano como senior. O resto da expedición eumesa completou tamén unha grande fin de semana; grande actuación de Mirella Lourés (prata) e Cristina Vázquez ( bronce ) que xunto a Ollala García (7ª)y Noemi Castro (8ª) dominaron a final de c-1 muller cadete.

Bronce para Brais Casás e Juan Carlos Varela en c-2 cadete, e 7ª posición para Pablo García e Iago Ferreira na mesma regata. Brais foi ademais 7º en final A e Juan Carlos 4º en final B en c-1 cadete. En k-2 muller cadete Andrea Pérez e Olalla García completaron unha grande final B na que se impuxeron a todos os seus rivais.

O Firrete afianza con este 4º posto por clubs a súa candidatura a estar entre os mellores na Liga Nacional. A próxima cita para o equipo de Pista será o 9 e 10 de maio coa disputa da Copa de España de Pista de 500 m tamén no encoro asturiano de Trasona.

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.