Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

18 de septiembre de 2008
Miguel Soro adéstrase xa en augas checas ultimando a súa preparación para participar no Campionato do Mundo de Maratón

Miguel Soro canoista do Club Náutico Firrete

Miguel Soro, canoista de categoría junior do Naútico Firrete partiu o pasado martes cara á República Checa xunto ao resto do equipo español que vai participar no Campionato do Mundo de Maratón.

Miguel está realizando adestramentos desde o pasado mércores en augas checas, concretamente en Vn Nad Vltavou, unha pequena poboación a 70kms ao sur de Praga, que este fin de semana converterase en Capital mundial do Piragüismo.

As sensacións do padexeiro eumés son excelentes, a súa preparación vai segundo o guión e Miguel espera motivadísimo que chegue o sábado 20, día marcado en vermello no seu calendario en que se celebrará a súa proba.

Serán 21,5 kms con cinco porteos nos que se medirá aos representantes dos máis de trinta países participantes.

Miguel Soro atópase moi ben e nas últimas horas declarou que o seu obxectivo é a medalla.

O responsable nacional de Maratón Don José Andrés Román, manifestou a súa confianza en Miguel e cre que tanto él, como o seu compañeiro no equipo nacional, Miguel Salgado son claros favoritos a subir ao podio.


 

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.