Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

17 de xuño de 2008
O Náutico Firrete sumou tres bronces na regata de Lugo

O Náutico Firrete sumou tres bronces na regata de Lugo

FERROL DIARIO DIGITAL (17 de xuño de 2008) Os novos padexeiros do Náutico Firrete de Pontedeume lograron subir a podio no Grande Premio Piñeiral nas categorías alevín e benxamín, posto que a actuación dos máis de dez deportistas eumeses nesta cita se saldou cun total de tres bronces, dous a nivel individual e outro como terceiro mellor equipo da competición.

O Náutico Firrete parece encontrar novo zume que continúe cos éxitos alcanzados polos seus padexeiros senior posto que a representación eumesa que a pasada fin de semana se desprazou ata Lugo regresou a Pontedeume con tres medallas, todas elas de bronce.

Felipe Moreno foi un dos encargados de conseguir un deses terceiros postos, nesta ocasión en alevín B, mellorando así o sexto posto logrado na anterior cita.

Outra das sorpresas da xornada foi o bronce conseguido por a benxamín Cristina Carro, piragüista que subiu ao terceiro caixón do podio na súa segunda regata oficial.

Pola súa banda, Eva Painceira quedou ás portas de repetir o bronce, pero unha mala saída pasoulle finalmente factura e quedou no cuarto lugar da regata alevín A. Neste mesmo cadro, pero en masculino, David Piñeiro cruzou a liña de meta na sétima posición entra máis de medio centenar de padexeiros.

Estas actuacións, xunto coas dos seus restantes compañeiros, catapultaron ao Firrete ata a terceira praza da xeral con 1.197 puntos, por detrás do Ás Torres e Breogán. A próxima cita destas categorías será en Pontedeume o 12 de xullo.


 

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.