Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

16 de Marzo de 2009

O FIRRETE VENCE CON AUTORIDADE NA 1ª REGATA DA COPA GALEGA DE
PROMOCIÓN

O CLUB EUMÉS CONSEGUIU 5 MEDALLAS A TÍTULO INDIVIDUAL ADEMAIS DA VITORIA ABSOLUTA POR CLUBS

Primeiro posto no podium para o club Firrete

O C.N Firrete proclamouse este sábado 14 de marzo vencedor na 1ª regata da Copa Galega de Promoción disputada en Pontevedra, a proba disputouse sobre un percorrido de 3000 mts. para as categorías infantil B ( nacidos no 1996) e infantís A (1995).

O Firrete obtivo a primeira posición con máis de 3000 puntos avantaxando en 500 ao 2º clasificado, o Club piragüismo Illa de Arousa, terceiro foi o Piragüismo Unión BRT. Aldán e Ás Torres foron 4º e 5º respectivamente.

A nivel individual destacar as vitorias de David Amendo en c-1 zurdo infantil A, de Antía Sánchez en c-1 muller A, Javier Piñeiro en c-1 destro B e as segundas posicións de Eva Painceiras en k-1 muller B e de Simón Pérez en c-1 zurdo B.

Pola súa parte en K-1 home infantil Á proba con máis participantes ( máis de 60) Gonzalo López foi 5º e Antón Carro 13º.

En muller K-1 infantil A Nuria Painceiras foi 5ª e María García 9ª.

 

VER TABOA DE RESULTADOS

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.