15 de xullo de 2009 Os 19 padexeiros do C.N.Firrete que se desprazaron esta fin de semana a Boñar (Leòn), entraron en control, conseguindo así unha praza no podio con 2.987 puntos por detrás do club Illa de Arousa que se clasificou en segunda posición con 3.179 puntos. O grande dominador segue sendo o club Aranjuez que con 3.655 puntos se segue mostrando intratable nesta copa de promoción. ![]() Boa xornada para o C.N. Firrete que non puido ocupar unha mellor posición ao desprazar menos padexeiros que os clubs que o preceden na clasificación. Todos os padexeiros tiveron unha grande actuación destacando a terceira posición de Francisco Javier Piñeiro que ocupou a terceira posición en C1 infantil B-destros, Antía Sánchez tamén conseguiu o bronce en C1 infantil A. David Amenedo obtivo a segunda posición en C1 infantil A zurdos. Outras posicións destacadas foron, a 5º posición obtida por Simón Pérez en C1 infantil B-zurdos, o 10º posto que ocupou Gonzalo A próxima cita para o equipo infantil do C.N.Firrete é o domingo 19 de xullo en Outes, regata que se disputará en embarcacións dobres K2 e C2, pertencente ao grande premio de promoción da liga galega, e o seguinte desprazamento para a liga nacional será o 2 de agosto a Badajoz. |






