14 de julio de 2008 O sábado 12 de xullo celebrouse en Pontedeume (nas augas próximas ao paseo marítimo) a 3ª competición do Gran Premio de Galicia de alevíns e Benxamíns, onde finalmente 230 deportistas (nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos) participaron en kaiak individual (K-1) dando 2 voltas a un circuíto balizado onde tiveron que percorrer un total de 1.500 metros. O Club Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga foi o vencedor absoluto por equipos da competición cun total de 1790 puntos. Acompañáronlle no pódium; o Club Breogan-Out. Xunqueiriña do Grove que con 1667 puntos foi o segundo clasificado, e o Club Náutico Firrete con 1485 puntos conseguiu a 3ª posición. A Xunta Directiva do Club Náutico Firrete congratúlase do bo discorrer da mesma, e felicítase polo numeroso público que acudiu a presenciar a competición.
|






O sábado 12 de xullo celebrouse en Pontedeume (nas augas próximas ao paseo marítimo) a 3ª competición do Gran Premio de Galicia de alevíns e Benxamíns, onde finalmente 230 deportistas (nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos) participaron en kaiak individual (K-1) dando 2 voltas a un circuíto balizado onde tiveron que percorrer un total de 1.500 metros.