13 de abril de 2009 ![]() Os socios do club eumés reunidos en ASEMBLEA XERAL o pasado domingo-12, aprobaron o proxecto de actividades e de presupostos para a tempada 2009. O EQUIPO DE COMPETICIÓN formado por preto de douscentos padexeiros, e que iniciou a súa preparación o pasado mes de outubro, ten como obxectivo a participación do club na LIGA NACIONAL DE PIRAGÜISMO e na COPA XUNTA DE GALICIA que serán a principal actividade competitiva na que tome parte o club buscando colocarse nas primeiras prazas de clasificación e, así lograr parte do presuposto económico da tempada. O deseño de competicións que se estableceu para a tempada 2008 obrigará os eumeses a realizar preto de cincuenta desprazamentos para estar presentes nas competicións máis importantes de carácter autonómico e nacional. O obxectivo é mellorar os bos resultados da pasada tempada: 7º club clasificado na liga nacional (2º Club clasificado na Liga "Copa España de promoción-infantís") e a 4º praza obtida na Copa Xunta. Non podemos despistarnos e esquecer que o club é unha entidade de carácter social que celebra e organiza outras actividades como son as da formación permanente, o desfrute da piragua como medio de mantemento físico-emocional (EQUIPO DE OCIO), e as dirixidas á captación turística (programa FIRRETE-AVENTURA). Toda iso, sumado ás actividades formuladas dende a ESCOLA MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO permitirá que máis de dous mil persoas gocen da piragua nun ámbito envexable como é o da ría de Ares, río Eume e as Fragas do Eume, o que fai do club Náutico Firrete un dos máis importantes de Epaña no deporte do Piragüismo. Por outra banda, non podemos esquecer que o club organizará unha edición máis da BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA (43ª) que, este ano celebrarase o 5 de setembro e será puntuable para a Copa Xunta de Galicia. O club eumes conta cun presuposto de 125.000,00 euros para levar a cabo todos os seus programas. |






