Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

12 de maio de 2008
O Firrete álzase coa victoria na Copa de España de Promoción

Segunda regata da Copa de España de Promoción. Ibiza 2008

Un total de 67 clubes e 557 padexeiros da categoría infantil (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos) déronse cita o pasado día 11 de maio en Ibiza para a disputa da 2º regata da Copa de España de Promoción, proba puntuable para a Liga Nacional de Augas Tranquilas.

A pesar do compricado do desprazamento de centos de piraguas ás Illas Baleares, os mellores clubs de piragüismo de España non fallaron á cita que se repite por terceiro ano consecutivo, segundo en Ibiza.

A competición que se iniciaba o sábado-10 ás 16:00 horas,  con presenza de moitos espectadores, atraídos pola vistosidade do evento e organizada polo Club Nàutic Sant Antoni que repetía na organización despois do evento do pasado ano, estivo a piques de suspenderse debido aos cambios de vento. Á metade da competición houbo que parar durante case unha hora debido á entrada na bahía dun vento de poñente que dificultaba en gran medida o discorrer das regatas; sobre todo en canoa, onde era moi difícil manter o equilibrio.
O club eumes congratúlase do extraordinario papel realizado polos seus 23 deportistas desprazados ás illas Baleares que manifesta o gran estado de forma no que se atopa a súa ESCOLA DE PIRAGÜISMO. É a primeira vez dende o nacemento da Liga Nacional de Infantís, fai xa sete anos, que os seus piragüistas soben todo o máis alto do podio.

En canto á clasificación xeral por equipos unha vez realizadas as dúas primeiras probas da Copa de España, ratifícase o claro dominio de Galicia, clubs que ocupan os seis primeiros postos da clasificación. O Club Náutico Firrete, que suma un total de 3.243 puntos e pasa da sexta á primeira posición, seguido do Real Club Náutico Rodeira de Cangas (2.920) e do Club de Mar Ría de Aldán-Irmáns Gandón (2.573).

Os resultados individuais máis destacados do noso club forón:
-Brais Cásas Fernéndez (medalla de ouro en Canoa Infantil A).
-David Amenedo Pena (medalla de ouro en Canoa Infantil B).
-Jorge Lage Rodríguez ( 9º posto en K-1 Infantil A, a categoría máis numerosa con 123 padexeiros en liza).

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.