9 de julio de 2008
O padexeiro eumés do C.N. Firrete, Miguel Soro, foi convocado pola Real Federación Española de piragüismo para participar na 2ª Copa do Mundo de maratón

Miguel Soro, canoista de categoría junior foi seleccionado polo responsable nacional de Maratón Don José Andrés Román para participar na 2ª Copa do mundo desta especialidade que terá lugar este fin de semana (12 e 13 de xullo) na localidade portuguesa de Crestuma.
Esta convocatoria vén premiar a gran tempada do novo padexeiro eumés que durante todo o ano mantívose entre as primeiras posicións nas regatas nacionais que disputou, chegando a alcanzar varios pódios nalgunha delas.
Sen dúbida Miguel afronta a súa primeira regata internacional con gran ilusión, e tendo en conta que España é toda unha potencia nesta especialidade, está convencido de poder loitar polas medallas, o que lle colocaría nunha boa posición para ser seleccionado para o Mundial, que se celebrará a finais de Setembro na República Checa.
A proba de C-1 junior disputarase o sábado sobre unha distancia de 21 kms, na que os participantes terán que superar ademais varios tramos de carreira a pé, cargando coa súa canoa e pa.
É esta a de Maratón unha especialidade de gran espectacularidade, máis aínda nun evento destas características no que se darán cita os mellores especialistas de máis de 20 paises.
|