Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

4 de xullo de 2008
1º GRAN PREMIO DE GALICIA DE PIRAGÜISMO
Alevíns  e benxamíns
12 de xullo ás 11:30 no paseo marítimo

1º Gran Premio de Galicia de Piragüismo, alevíns e benxamíns.

O próximo día 12 de xullo o Club Náutico Firrete e a Federación Galega de Piragüismo organizan en Pontedeume (nas inmediacións do paseo marítimo) unha regata de carácter autonómico puntuábel para o Gran Premio de Galicia de alevíns e Benxamíns.
 
Uns trescentos piragüistas, nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, tomarán parte nunha regata encadrada dentro da 1ª Liga organizada pola Federación Galega de Piragüismo, campeonato que se compón de 4 competicións: a de Pontedeume, unha en Lugo e dúas en Pontevedra.

A Xunta Directiva do club afronta con ilusión a organización  dun evento deportivo que ten unha clara intención de promoción deste deporte, e tendo en conta o enclave elexido será ademáis, sen dubida, unha regata moi vistosa cara ao público.

Queremos dar a nosa máis sincera benvida tódolos participantes e animar a tódolos eumeses e eumesas, así como a toda a xente que nestas datas visita a nosa Vila, a presenciar a regata.

            Saúdos, nos vemos o día doce.

ENLACE: Regulamento da Regata

 

 


 

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.