Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

5 de Marzo de 2009

O FIRRETE AFRONTA O CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO CO OBXECTIVO DE SUBIR AO PODIO

ELCLUB EUMÉS DESPRAZARÁ 18 DEPORTISTAS Á CITA DE CASTRELO DE MIÑO

Control Galego 2009

O C.N Firrete participará este sábado 7 de marzo no XXV Campionato Galego de fondo, segunda proba puntuable do calendario de piragüismo, que terá lugar en Castrelo de Miño (Ourense), a partir das 10:00 h.

A competición desenvolverase en embarcacións individuais, k-1 e c-1 sobre a distancia de 5.000 mts, para as categorías cadete,
xuvenil, senior e veteranos.

O Firrete márcase como obxectivo para esta cita repetir o posto en podio que conseguiu hai 15 días no Control de Auga autonómico, tamén celebrado en Castrelo de Miño, así como materializar algunha das claras opcións dos seus deportistas para conseguir medalla.

Dezaoito (18) serán os deportistas que partan dende Pontedeume: Jorge Lage e Carlos Quintián representarannos en K-1 Cadete; Brais Casás, Pablo García e Juan Carlos Varela en c-1 cadete; Andrea Pérez, Noemi Castro e Olalla García en K-1 muller cadete; Cristina Vázquez, Mirella Lourés e Sabela Silvar en c-1 muller cadete; Antón Rey en k-1 xuvenil; os integrantes do programa Londres 2012: Yeray Picallo e Miguel Soro en C-1 Sénior, nesta categoría tamén participará Pablo Provecho, Laura Rodriguez e Rebeca Vázquez competirán en k-1 muller sénior e Antón Filgueiras será o noso representante na categoría de veteranos.

A próxima cita do calendario será o 21 e 22 de marzo coa celebración do Campionato de España de Invierno en Sevilla.

 

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.