![]()
A Xunta directiva do Club Náutico Firrete, entidade organizadora da 42 edición da “Baixada do Eume en piragua”, quere recordar a D. José Ramón Corral Bustabad, compoñente do equipo eumés no ano 1996, falecido a finais de xaneiro en accidente de tráfico aos 34 anos de idade. Corral deu as súas primeiras paladas nas categorías de base do club do seu pobo natal, o Grupo Xuvenil-Endesa das Pontes, co que palexou a maior parte da súa vida deportiva. Xa de senior, no ano 1996, formou parte do equipo eumés (Náutico Firrete) e regresou de novo ao Grupo Xuvenil, antes de recalar no club As Torres-Romaría Viquinga de Catoira; co que participou, unha semana antes do accidente, na Regata Internacional Pais de Calais (Francia) logrando a medalla de prata na categoría de veteranos.
É o único piragüista galego que logrou a vitoria en K-1 senior nos 72 anos de historia do Descenso Internacional do Sella, gañou 5 edicións da “Baixada do eume” en k-1 senior, foi campión de España de maratón e cinco veces internacional coa selección nacional española desta modalidade. O pasado mes de maio ingresou na Real Orde do Mérito Deportivo a título póstumo. Dentro dos actos que se levarán a cabo o vindeiro domingo en memoria de Corral, cabe destacar:
Por encima dos seus destacados meritos como deportista e o seu labor de adestrador, é digno de destacar a súa gran personalidade, capacidade de traballo e entrega a un deporte que o apaixonaba. O río eume e os seus padexeiros non che esquecen.
|






