Tempada 2008
A tempada 2008 foi para o Club Náutico Firrete, unha tempada de confirmación, confirmación da súa progresión como clube, confirmación dos seus proxectos e confirmación de que o clube a nivel competitivo está xa na cabeza dos equipos galegos e nacionais.
Un único pero sigue a aflixirnos é o tema da instalación, que un ano máis seguimos sen ser recompensados e desenrolamos toda a nosa actividade sen as instalacións que sen ningún lugar a dúbidas merecemos.
A disputa da VII LIGA NACIONAL DE PIRAGÜISMO, a participación na COPA XUNTA e o programa FIRRETE-AVENTURA supuxeron para o club eumés un grande esforzo tanto económico, como de recursos humáns.
A aposta da Xunta Directiva por atender tanto ao deporte de competición coma ao de promoción e ocio está a dar bos resultados. Cada vez son máis os eumeses e eumesas, así como outras persoas da bisbarra, que se apuntan ao Club para gozar deste deporte. Melloramos con respecto a anos anteriores a nosa clasificación na Liga Nacional e na Copa Xunta de Galicia, e seguimos a aumentar significativamente o número de deportistas nas categorías inferiores.
Sinalamos que, no que se refire a competicións oficiais, a participación do club Náutico Firrete comezou o domingo 17 de febreiro, coa asistencia ao Campionato Galego de Inverno e tivo a súa fin o 14 de setembro coa participación no Campionato Galego de infantís
Preto de douscentos deportistas federados afiliados ao club tomaron parte en actividades de competición mentres que máis de dúas mil persoas participaron nalgún tipo de actividade de ocio-turismo ou curso de iniciación que organizou o club.
En relación ás segundas, cabe destacar a participación de medio centenar de escolares eumeses que, atendendo aos principios da Estratexia Galega de Educación Ambiental, realizaron un itinerario en piragua para estudar o ecosistema litoral da ría de Ares, ou máis de 100 discapacitados psíquicos que da man dos técnicos do Firrete Aventura se internaron no mundo do piragüismo grazas a un convenio da nosa entidade con Special Olimpics.
O balance final do orzamento anual preséntase complicado, xa que ademais do forte investimento realizado en material experimentamos unha enorme subida nos gastos de desprazamento para poder atender aos numerosos deportistas que se inscribiron este ano e cos que participamos na liga Nacional e Galega.
ACTIVIDADE COMPETITIVA - EQUIPO DE COMPETICIÓN
A participación do club na VII Liga Nacional de Piragüismo na que se obtivo o séptimo posto (1º club da provincia de A Coruña) entre cento setenta equipos participantes e a XXI Copa Xunta de Galicia de Piragüismo na que o Firrete ocupou a cuarta posición (1º Club da provincia da Coruña) centraron a actividade de competicións.
Este ano a estratexia de elección por parte do equipo técnico para puntuar nas clasificacións globais da Copa Xunta e a Liga Nacional, a partir das cales se establece o ránking de clubs, provocaron a ausencia por coincidencia de regatas en varias regatas do Grande Premio de Ríos e Travesías.
Por iso e ao igual que sucedeu en anos anteriores, na nosa memoria as clasificacións parciais dos Grandes Premios perden relevancia en favor das clasificacións xerais da Copa Xunta de Galicia e da Liga Nacional.
Preto de cen deportistas infantís e alevín estiveron nas regatas do seu Grande Premio (Promoción), mentres que ás regatas puntuábeis nos outros dous grandes premios nos desprazamos cun equipo que superou os cincuenta piragüistas pertencentes ás categorías cadete, júnior, sénior e veteranos.
Facendo unha comparativa con respecto á tempada pasada, sinalamos que o club mellorou no que se refire a resultados deportivos en competicións deportivas oficiais. Pasamos a colocarnos no sétimo posto entre os clubs de España (7º fronte ao 10º posto do 2007 ou o 13º do 2006) na Liga Nacional. Na Copa Xunta igualampos o posto con respecto o 2007, fomos cuartos sendo tan so superados por As Torres de Catoira e o Piragüismo Illa de Arousa e o Kayak Tudense.
Dende a Xunta directiva subscribimos que as cousas se están a facer ben e axiña volveremos, con permiso das novas xeracións de Pontedeume e a solución da instalación, a ver ao Firrete na cabeza do ránking nacional.

Destacada foi tamén a campaña realizada por Andrea Pérez e Olalla García (damas cadetes de 1º ano)e de Pablo García (canoista cadete de 1º ano) que obtiveron diversas medallas a nivel autonómico e nacional.
Entre os máis pequenos destacaremos sobre todo o grupo que chegou a roldar os cen compoñentes e que foron quen de facer subir de novo ao Firrete ao podio da clasificación por clubs, augurando un futuro prometedor para este equipo.
Ademais, no plano individual Brais Casás demostrou ser o mellor canoista Infantil A de España, vencendo en todalas regatas disputadas, tanto nacionais como autonómicas. Proclamándose campión de España Infantil e por suposto tamén campión galego.
Outro palista infantil , Jorge Lage, conseguiu vencer nalgunha das regatas de carácter autonómico, subindo ao podio noutras e estivo sempre entre os mellores nas regatas nacionais.
Gonzalo Allegue , Nuria Painceiras,David Amenedo, Eva Painceiras ou Felipe Moreno foron outros deportistas do Firrete que tamén subiron o podio en diferentes regatas.
O bo facer do clube tivo a súa recompensa o final da tempada, non so coa participación de Miguel Soro no Campionato do Mundo de Maratón, senón tamén coa convocatoria deste e máis de Yeray Picallo para o Equipo “Promesas 2012” un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a Real Ferderación Española de Piragüismo e a Federación Galega na que se agrupan os mellores deportistas con fin de preparar as próximas Olimpiadas en Londres.
Ademais Brais Casás e Jorge Lage foron seleccionados para realizar os seus adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra que compaxinaran cos seus adestramentos no clube a fin de semán.
DOCENCIA // EQUIPO OCIO-TURISMO // FIRRETE-AVENTURA
O mantemento da Escola Municipal de Piragüismo, a celebración de cursos de iniciación á piragua, así como outras actividades de promoción do piragüismo que sinalamos a continuación, centraron outro ano máis a actividade non competitiva do club. Como diciamos, máis de dous mil persoas pasaron polas nosas instalacións para entrar por primeira vez nas súas vidas en contacto coa piragua e o seu ámbito.
Realizando un resumo das actividades de ocio-turismo organizadas podemos citar:
*Iniciación ao piragüismo (itinerario ambientais en piragua) dirixido aos centros educativos do Concello de Pontedeume (maio-xuño). 400 participantes.
*Escola de piragüismo - cursiños de iniciación e perfeccionamento ao piragüismo (verán e inverno): 288 participantes.
*Rutas en Piragua pola ría de Ares para centros de ensino (de outubro a xuño). 600 participantes.
*Rutas en Piragua pola ría de Ares e río Eume dirixidas a turistas (todo o ano). 650 participantes.
*Equipo de ocio-turismo, actividades dirixidas polo equipo técnico de Club e paleo libre (todo o ano). 60 participantes.
*Piragüismo para minusválidos (Special Olimpics). 125 participantes
*Actividades en piragua en convenio con distintos concellos e entidades; Redes, Ares, Sada, Mugardos...). (300 participantes).
RESULTADOS NAS COMPETICIÓNS-TEMPADA 2008
Durante a tempada deportiva 2008 o Club Náutico Firrete de Pontedeume participou nas competicións do Calendario Oficial da Federación Galega de Piragüismo que estableceu como XXI COPA XUNTA DE GALICIA DE PIRAGÜISMO; así como nas distintas regatas da VII-LIGA NACIONAL DE PIRAGÜISMO, organizada pola Federación Española de Piragüismo.
RESULTADOS:
-
4º Clasificado na XXI Copa Xunta de Galicia-Galicia-6ºMemorial Xacinto Regueira (61 clubs participantes)(1º Club clasificado da provincia de A Coruña).
- 7º. -XIII Grande Premio de Pista (61 clubs participantes).
- 2º. -XIII Grande Premio de Promoción (61 clubs participantes).
- 7º Clasificado na VII LIGA NACIONAL DE PIRAGÜISMO-Hernando Calleja
(160 clubs participantes).- 20º. -X Grande Premio de Pista (160 clubs participantes).
- 2º. -X Grande Premio de Promoción (160 clubs participantes)
(1º Club clasificado da provincia de A Coruña).
Como resultados parciais nas distintas regatas:
XIII GRANDE PREMIO DE PROMOCION
DATA |
REGATA |
LUGAR |
PTO |
12/04/2008 |
1º REGATA DE INFANTÍS |
Lugo |
1 |
03/05/2008 |
2º REGATA DE INFANTÍS |
Aldán |
1 |
24/05/2008 |
3º REGATA DE INFANTÍS |
Portonovo |
2 |
07/06/2008 |
4º REGATA DE INFANTÍS |
O Grove |
3 |
19/07/2008 |
5º REGATA DE INFANTÍS |
Outes |
4 |
02/08/2008 |
6º REGATA DE INFANTÍS |
Miño |
2 |
23/08/2008 |
7º REGATA DE INFANTÍS |
Muíños |
1 |
14/09/2008 |
CAMPIONATO GALEGO DE INFANTÍS |
Pontevedra |
2 |
Puntuábeis para a Liga Nacional:
DATA |
REGATA |
LUGAR |
PTO |
20/04/2008 |
1º Competición Copa España de Promoción(*) |
Murcia |
5 |
10/05/2008 |
2º Competición Copa España de Promoción(*) |
Ibiza |
1 |
15/06/2008 |
3º Competición Copa España de Promoción(*) |
Zaragoza |
1 |
06/07/2008 |
4º Competición Copa España de Promoción(*) |
Zamora |
4 |
10/08/2008 |
5º Competición Copa España de Promoción(*) |
Avilés |
2 |
07/09/2008 |
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INFANTÍS |
Castrelo |
9 |
(*)Regatas puntuábeis para a V Liga Nacional
nº de clubs participantes: entre 80 e 100
XIII GRANDE PREMIO DE RÍOS E TRAVESÍAS
DATA |
REGATA |
LUGAR |
PTO |
01/05/2008 |
REGATA DE MUIÑOS |
Muiños |
3 |
10/05/2008 |
DESCENSO DO MIÑO DE LUGO |
Lugo |
6 |
08/06/2008 |
MIÑO DE OURENSE |
Ourense |
7 |
05/07/2008 |
DESCENSO DO UMIA |
Ribadumia |
2 |
20/07/2008 |
TRAVESÍA DA RÍA DE OUTES |
Outes |
3 |
16/08/2008 |
COPA PRESIDENTE |
TUY |
4 |
24/08/2008 |
TRAVESIA DA RIA DE BETANZOS |
Betanzos |
4 |
07/09/2008 |
XLII BAIXADA DO EUME |
Pontedeume |
1 |
Outras de interese e non puntuábeis para este Gran Premio:
DATA |
REGATA |
LUGAR |
PTO |
16/03/2008 |
1ª Regata Nacional de Maratón (*) |
Aranjuez |
12 |
04/05/2008 |
1ª de ríos (*) |
Algemesí |
13 |
14/08/2008 |
2ª de ríos (*) |
Pravia |
11 |
(*)Regatas puntuábeis para a III Liga Nacional
nº de clubs participantes: aprox. 100
XIII GRANDE PREMIO DE PISTA DE GALICIA
DATA |
REGATA |
LUGAR |
PTO |
17/02/2008 |
CAMPIONATO GALEGO INVERNO |
Castrelo |
7 |
09/03/2008 |
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO (*) |
Sevilla |
32 |
29/03/2008 |
REGATA NACIONAL DE PISTA DE 1000 METROS (*) |
Castrelo de miño(ourense) |
27 |
05/04/2008 |
REGATA NACIONAL DE PISTA DE 500 METROS (*) |
Mérida |
24 |
29/06/2008 |
CAMPIONATO ESPAÑA MASTER SÉNIOR JÚNIOR E CADETES (*) |
Trasona ( Avilés) |
27 |
13/07/2008 |
CAMPIONATO GALEGO PISTA JÚN/CAD |
Castrelo |
7 |
03/08/2008 |
CAMPEONATO GALEGO PISTA SÉNIOR |
Castrelo |
3 |
27/07/2008 |
CAMPIONATO DE ESPAÑA PISTA JÚN/CAD (*) |
Boñar (León) |
19 |
30/08/2008 |
CAMPIONATO DE ESPAÑA PISTA SÉNIOR (*) |
Trasona |
26 |
(*)Regatas puntuábeis para a VII Liga Nacional
nº de clubs participantes: Aprox. 150
I GRANDE PREMIO DE ALEVÍNS E BENXAMINS
DATA |
REGATA |
LUGAR |
PTO |
17/05/2008 |
1º REGATA |
Pontevedra |
4 |
14/06/2008 |
2º REGATA |
Lugo |
3 |
12/07/2008 |
3º REGATA |
Pontedeume |
3 |
09/08/2008 |
4º REGATA |
Pontevedra |
1 |
ENLACES:
Memoria de actividades Tempada 2009
Memoria de actividades Tempada 2007
RESULTADOS EN LAS COMPETICIONES EN LAS QUE PARTICIPAMOS




