Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

Baixada do Eume

small logo

Aínda que hoxe non toca falar da historia no noso club, si debo esbozar como xurdiron os primeiros piragüistas eumeses, pois a súa inquietude por dominar o kaiak xorde tras ver descender aos piragüistas polas augas do río Eume.

En Pontedeume, no ano 1968, con motivo da celebración da segunda edición, unha embarcación K-2 que lle rompe a un dos equipos participantes é abandonada nos baixos da casa do Concello de Pontedeume e uns intrépidos mozos eumeses (non podía ser menos para aquelas épocas en que a revolución cultural sacudía toda Europa) conseguen que o alcalde da vila por aquel entón, don Juan Sarmiento Patiño, lles ceda a K-2.

Na primavera de 1969 e tras a conseguinte reparación na Fronte de Xuventudes (local situado na Alameda e coñecido en Pontedeume durante moitos anos como "Teleclub", hoxe é a actual Casa da Xuventude pertencente a Xunta) por parte de varios mozos eumeses, comézase a dar as primeiras paladas nela, e xorde un club que leva como nome "BREAMO OJE".

A 3ª Baixada do Eume celebrada o 9 de setembro de 1969 xa conta con representación local.

O nome de "Breamo Oje" manterase, segundo os datos tirados das Memorias da Real Federación Española de Piragüismo, até o ano 1972. O piragüismo deslígase da OJE e en 1973 fúndase o Club Náutico FIRRETE.

Don Jacinto, no seu labor arbitral, estivo presente na primeira "Baixada do Eume" e en moitas outras edicións, brindando sempre o seu apoio e sabedoría aos organizadores.

O xuíz-arbitro internacional que puntualmente acudía a Pontedeume, só faltaba á súa cita cando se encontraba no estranxeiro facendo labores de arbitraxe.

Os eumeses e eumesas que tanto temos gozado deste deporte queremos darlle as grazas a quen fora tamén Presidente de Honra do noso Club, e amosar a nosa gratitude a quen foi o gran culpábel de que a Pontedeume chegase esa K-2 na que o piragüismo eumés se bautizou.

Agradezo a colaboración prestada por Jesús Rodríguez Inclán (secretario xeral da RFEP), Pedro Cuesta García, Jose A. Fernández Marzán ("Mus") e Angel Villar ("Chilares"), quen me facilitaron os datos sobre a biografía de D. Jacinto.

Os datos da participación na 1ª baixada tíranse dun artigo publicado polo propio D. Jacinto Regueira Alonso na revista conmemorativa da 25 edición da "Baixada do Eume".

Todo o relacionado coa orixe do club eumés se entresaca de distintas conversas que mantiven con xente que viviu a orixe e desenvolvemento do club en primeira persoa, Jesús Fornos Ríos (1º presidente do Club) e Julio Garbana Barro (compoñente da primeira Xunta Directiva, presidente e entrañábel adestrador).

Ramiro Piñeiro Oliveira
Presidente do Club Náutico Firrete

ENLACES: Memoria 43ª BAIXADA DO EUME | Memoria 42ª BAIXADA DO EUME| Memoria 41ª BAIXADA DO EUME | MEMORIA DA 40ª BAIXADA DO EUME

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.