Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

Baixada do Eume: 43ª edición. Septembro 2009

small logo
24 Baixada do eume

MEMORIA

Un ano máis, a Xunta Directiva do Club Náutico Firrete organizou o evento deportivo con máis tradición na Vila dos Andrade (Pontedeume), a Baixada do Eume en Piragua – 22ª trofeo endesa.

No Eume

A Baixada do Eume, competición de maior antigüidade do deporte da piragua na provincia da Coruña, e a terceira, tras a Copa Miño de Lugo e a Travesía Ría de Foz, de todo o territorio galego, que é o mesmo que dicir unha das máis antigas de España; foi ao igual cos últimos anos puntuábel para a LIGA XUNTA DE GALICIA (Copa de Ríos e Travesías).

Integrada nos actos das festas patronais patronais (As Festas das Peras), o sábado 05 de setembro, a partir de las 17:30, preto de douscentos piragüistas pertencentes a trinta clubs gozaron do seu percorrido tradicional.

Recuperouse o seu percorrido tradicional tralo paréntesis do ano pasado, cando debido ao baixo caudal de auga no río eume (unha das medidas impostas pola Consellería de Medioambiente para tratar de restablecer os parámetros normais da súa acidez e evitar a mortandaz de máis salmónidos) provocou que a organización da “Baixada” tomase a decición de adiantar a saída dos participantes ao lugar de “A Xunqueira”.

Pola contorna do bosque atlántico costero mellor conservado en Europa. Nas proximidades do mosteiro de Caaveiro, dende o segundo refuxio do Eume para os Homes Kaiak (K-1 e K-2) e desde o primeiro para as mulleres (K-1 e C-1 cadete) e Homes Canoistas (C-1), os xuíces enviados pola Federación Galega de Piragüismo, entidade que, ademais de autorizar a competición colabora anualmente co Club Náutico Firrete na organización, deron a saída a 237 deportistas seguindo o regulamento ás embarcacións participantes segundo modalidade e categoría.

Os competidores que lograron chegar á meta, situada no paseo marítimo, preto da Ponte de Pedra, e tras percorrer uns 12 quilómetros os que partiron no 2º refuxio e 8 km. os que se puxeron en marcha no primeiro, foron fortemente ovacionados polo numeroso público asistente, que ao igual que en practicamente todo o percorrido apoiou aos piragüistas que daban colorido ao Parque Natural das Fragas do Eume.

A primeira embarcación K-2 HOME SÉNIOR en cruzar a liña de meta foi a tripulada por Antonio Polo Campello y Carlos Pedreira Carneiro do Grupo Xuvenil, que se impoñián ao sprint á parella formada por Francisco Vázquez Redondo y Luis Real Fernández do Club Fluvial de Lugo;  Antonio Palmas Regueira y Javier Conde Santos del club Piragüismo Vilaboa que chegaban a 58 segundos dos anteriores, ocupaban a terceia praza.

Pola súa banda, en K-1 HOME SENIOR Jesús Rodríguez León (Club Fluvial O Barco) ocupaba a primeira praza aventaxando nun minuto e vinte segundos a Santiago Cruz García (Club Náutico Firrete); por detrás ocupaba a terceira posición Alberto Pigueiras Real (Grupo Xuvenil Endesa).

No que se refire á competición de C-1 HOME SENIOR, a categoría   máis disputada na que sete deportistas do equipo nacional tomaron a saída,  Antonio Campos García (Breogan-out.Xunqueira) foi quen de facerse co triunfo por diante de David M. Mosquera Lendoiro (Club Ría de Betanzos) e de Yeray Picallo Vila (Club Náutico Firrete).

Tania Fernández García (Club Fluvial de Lugo) facía o propio en K-1 MULLER SENIOR e cruzaba a liña de meta en primeira posición; Ana Varela Iglesias (Club kayak Tudese) e Rebeca Vázquez Miño (Club Náutico Firrete) a acompañaron no podio.

Por primeira vez, en competición oficial, participaban en  canoa as mulleres, o facían so nunha categoría e modalidade (C-1 MULLER CADETE), sendo Mirella Loures liñares do Club Náutico Firrete a que conseguía esta histórica primeira posición.
En canto á clasificación do resto das categorías, estes foron os gañadores de cada unha delas.

K-2 HOME JUNIOR

Miguel Suarez e Juan Luis Oubiña do Piragüismo Illa de Arousa

K-2 HOME CADETE

Adrian Parada e Jaime Cores do Piragüismo Illa de Arousa

K-1 HOME JUNIOR

Antonio Rey do Náutico Firrete

K-1 HOME CADETE

Mauro Pazos do Piraguismo Vilaboa

C-1 HOME JUNIOR

Juan Bayón do Piragüismo Illa de Arousa

C-1 HOME CADETE

Juan Varela do Náutico Firrete

K-1 MULLER JUNIOR

Emma Gómez do Náutico Firrete

K-1 MULLER CADETE

Aurea Piñeiro do Piragüismo Illa de Arousa

            O Club NÁUTICO FIRRETE foi o vencedor absoluto por equipos do 22º TROFEO ENDESA cun total de 449 puntos. Acompañárono no podio o Club Piragüismo Illa de Arousa, que con 261 puntos foi o segundo clasificado, e o Club Piragüismo Vilaboa que con 197 puntos tivo que se conformar coa terceira posición.

Como todos os anos, o acto de entrega de trofeos aos vencedores tivo como lugar de celebración “A Praza Real de Pontedeume”, á que acudiron numerosos afeccionados a este deporte con gran tradición local. O Grupo Musical FALTRIQUEIRAS iniciaban o acto ás oito da tarde.

      Presidido polas autoridades autonómicas, provinciais, locales e deportivas, así como polos representantes dos patrocinadores do Club, Endesa (patrocinador da baixada) e Cabreiroa (patrocinadora do Club), acompañados polo Presidente do Firrete, Ramiro Piñeiro, o acto de entrega de trofeos que finalizaba ás nove da tarde poñia fin a esta 43 edición da BAixada do Eume en  Piragua.

 

DESCARGAS:
- CARTEL oficial
- REVISTA da Baixada

 

ENLACES: Memoria 42ª BAIXADA DO EUME | Memoria 41ª BAIXADA DO EUME | Memoria 40ª BAIXADA DO EUME | Historia da baixada do Eume


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.