Un ano máis, a Xunta Directiva do Club Náutico Firrete organizou o evento deportivo con máis tradición na Vila dos Andrade (Pontedeume), a Baixada do Eume en Piragua – 20ª trofeo endesa.
A Baixada do Eume, competición de maior antigüidade do deporte da piragua na provincia da Coruña, e a terceira, tras a Copa Miño de Lugo e a Travesía Ría de Foz, de todo o territorio galego, que é o mesmo que dicir unha das máis antigas de España; foi ao igual cos últimos anos puntuábel para a Copa Xunta de Galicia (Gran Premio de Ríos e Travesías).
Integrada nos actos das festas patronais patronais (As Festas das Peras), o sábado 09 de setembro, a partir de las 17:30, preto de douscentos piragüistas pertencentes a trinta clubs gozaron do seu percorrido tradicional.
Nas proximidades do mosteiro de Caaveiro, dende o segundo refuxio do Eume para os Homes Kaiak (K-1 e K-2) e desde o primeiro para as damas Kaiak e Homes Canoa (K-1 e C-1 respectivamente), os xuíces enviados pola Federación Galega de Piragüismo, entidade que, ademais de autorizar a competición colabora anualmente co Club Náutico Firrete na organización, deron a saída seguindo o regulamento ás embarcacións participantes segundo categoría e modalidade.
Os competidores que lograron chegar á meta, situada no paseo marítimo, preto da Ponte de Pedra, e tras percorrer uns 12 quilómetros os que partiron no 2º refuxio e 8 km. os que se puxeron en marcha no primeiro, foron fortemente ovacionados polo numeroso público asistente, que ao igual que en practicamente todo o percorrido apoiou aos piragüistas que daban colorido ao Parque Natural das Fragas do Eume.
A primeira embarcación K-2 SÉNIOR en cruzar a liña de meta foi a formada por Javier Conde Santos e Antonio Palmas Regueira do Club Piragüismo Vilaboa, que cun tempo de 46:28 avantaxaban nun minuto e catorce segundos á parella formada por Alberto Rodríguez e Francisco Vázquez do Club Cofradía de Pescadores de Portonovo; Brais Sánchez e Breixo Buján compañeiros dos gañadores cruzaban a meta en terceiro lugar cun tempo de 47:58.
Pola súa banda, en K-1 SÉNIOR Jesús Rodríguez León do Club Náutico Firrete impoñíase con moita autoridade e por sexto ano consecutivo, e ocupaba a primeira praza por diante de Juan Jesús Pazos (Club Piragüismo Vilaboa) e de Santiago Cruz (Club Náutico Firrete).
No que se refire á competición de DAMAS E CANOAS SÉNIOR destacamos a participación de Yerai Picallo Vila do Club Náutico Firrete que foi o primeiro canoísta en cruzar a liña de meta; por detrás entraban Pablo provecho, compañeiro de Club de Yerai e Ismael Pesado (Club de Piragüismo As Torres Romerís Vikinga). Laura Rodríguez García do Club Náutico Firrete facía o Propio no k-1 damas, avantaxando a Olga Naverrete (Club Náutico cambre) quen fora a gañadora das últimas cinco edicións e Rebeca Vázquez (Club Náutico Firrete).
En canto á clasificación do resto das categorías, estes foron os gañadores de cada unha delas.
K-2 JUNIOR |
Ricardo Ligero Valladares e Miguel Piay González |
K-2 CADETE |
Jonathan Santiago Irago e Miguel Suárez Otero |
K-1 JUNIOR |
Adrián Carpente Recouso |
K-1 CADETE |
Diego Castro Santos |
C-1 JUNIOR |
David Maquieira Piñeiro |
C-1 CADETE |
Jesús Alberto Gómez Otero |
K-1 DAMA JUNIOR |
Rocío Pazos Barcala |
K-1 DAMA CADETE |
Tania Fernández García |
O Club PIRAGÜISMO VILABOA foi o vencedor absoluto por equipos do 20º TROFEO ENDESA cun total de 209 puntos. Acompañárono no podio o CLUB COFRADIA DE PESCADORES DE PORTONOVO, que con 176 puntos foi o segundo clasificado, e o CLUB NÁUTICO FIRRETE que con 175 puntos tivo que se conformar coa terceira posición.
Como todos os anos, o acto de entrega de trofeos aos vencedores tivo como lugar de celebración “A Praza Real de Pontedeume”, á que acudiron numerosos afeccionados a este deporte con gran tradición local; visitantes e acompañantes dos deportistas ovacionaron aos gañadores.
Presidido polas autoridades autonómicas, provinciales, locales e deportivas, así como polos representantes dos patrocinadores do Club, Endesa (patrocinador da baixada) e Cabreiroa (patrocinadora do Club), acompañados polo Presidente do Firrete, Ramiro Piñeiro, o acto tivo lugar as oito da tarde.
Para rematar, queremos desde o Firrete facer público o noso agradecemento ás institucións e empresas que fan viables os nosos proxectos. O patrocinio da regata corre a cargo de Endesa (Trofeo Endesa), ao que se suman as subvencións da Fundación Deporte Galego, Dirección Xeral de Deportes da Xunta, Deputación da Coruña e Concello de Pontedeume.
Cabreiroa, marca patrocinadora do Club Náutico Firrete, se suma ás aportacións económicas de case un centenar de empresas.
A organización destaca tamén a colaboración prestada pola Federación Galega de Piragüismo, a Guardia Civil de Tráfico, Policia Local, Protección Civil de Pontedeume e a Comisión das “Festas das Peras”.
ENLACES: GALERIA DE IMÁGENES | Memoria 43ª BAIXADA DO EUME | Memoria 42ª BAIXADA DO EUME| Memoria 41ª BAIXADA DO EUME | Memoria 40ª BAIXADA DO EUME | Historia da baixada do Eume






